Andresadas |
![]() http://andresito_gal.blogia.com Benvidos ó web blog de Andrés Rozados Lorenzo, alumno da facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación ( estudando, ou intentándoo , Publicidade e Relacións Públicas) en Pontevedra. Neste blog quero expresar a miña opinión con total sinceridade e liberdade sobre temas de onte, de hoxe e de mañá. Ofrecervos todas aquelas pequenas cousas que nos alegran, e tamén entristecen, na nosa vida.
|
|
|
Clica aquí para descargar esta canción popular alemana: Soldier boy Esta fermosa muller que vedes na imaxe, é Susanne Christian, actriz dalgunhas películas alemanas. En 1957, coñeceu a Stanley Kubrick, durante a rodaxe de Senderos de gloria. Casaron o ano seguinte. Este fotograma, mostra o que para min (na miña escasa sabedoría de cinema) é unha das millores escenas da gran pantalla. Esta xove alemana atópase rodeada de soldados que se mofan dela... Cando empeza a cantar unha dulce canción en alemán, os soldados van quedando abraiados co tema, e calan estupefactos, centrando a súa mirada cara a rapaza... Un soldado comeza a tararear a melodía da canción. Todos lle seguen. Deste xeito, mostráse como a dulzura e a melancolía poden superar á intolerancia e a brutalidade humana que, ás veces, aparece sen avisar.. |
Blog creado con Blogia.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras